22.11.05

le freak? c'est chic!


Estou gozando moito desta tarde.

A transversalidade do meu traballo fai que ande remexendo nos libros e na memoria para sacar fundamentos do románico. Tamén estou fozando en Internet á procura de fotos para unha presentación de pagüerpoing. Grande acerto pola miña parte, para o románico en Alemaña sáenme exactamente as tres catedrais que visitei a semana pasada, así que podo falar con certo relax sobre o románico desde Worms a Compostela pasando por Toulouse, Conques e Jaca.

Polo medio, desde certa rolda de correo electrónico vanme chegando ardentes discusións sobre o nome galego dos meses árabes ou a transliteración de topónimos chineses que me divirten extraordinariamente.

Agora agardo feliz a irrupción de alguén nos comentarios para berrarme por diversas razóns.

Eu non o diría mellor.

5 comentários:

Cesare disse...

Non vale, porque lle ía berrar por Chaca, pero xa me non deu tempo.

Cesare disse...

Por certo, con moooooito retraso lin todo dun golpe a súa divertida excursión pola renania. como non llo ía dicir en cada post, vai agora: grazas. grazas de verdade por ilustrarnos.

Plattdorf disse...

Grazas a vostede por irromper nos comentarios exactamente por onde eu esperaba.

:-))

Anónimo disse...

Sei que estou perdendo algo (lost in translation ?), coma sempre, mais alegráme saber que estás divertíndote tanto coa multidisciplinariedade(arredemo coa palabra, pensei que non a daba escrito...)

Plattdorf disse...

Boh, eu tamén con calquera cousa me entreteño...

;-)