Nibelungen
Worms é unha especie de parque temático dos Nibelungos, pero sen esaxerar. Na epopea nacional alemá, a rivalidade entre dúas mulleres pola preeminencia á hora de entrar nesta catedral é o desencadeante de todas as desgrazas dos protagonistas, nunha historia cuxas reelaboracións influíron moitísimo no Señor dos Aneis de Tolkien. Grazas a semellante asunto chegou a esta beira do Rin unha pequena alfaia: o museo dos Nibelungos.
Partindo dun local significativo pero francamente escaso (dúas pequenas torres e un anaco da muralla medieval) e duns fondos materiais nulos (non se expón nin unha soa peza), Worms acabou tendo un museo exemplar, entretido e didáctico. Todo el está baseado nunha audioguía: os auriculares e as locucións actívanse automaticamente ao avanzarmos polos puntos temáticos do museo, só marcados por pequenas pantallas numeradas. As pantallas teñen un bucle de 3 ou 4 minutos con fotos, gravados antigos, miniaturas medievais ou treitos do filme Die Nibelungen, de Fritz Lang -aquí Sigfried en bólas bañándose no sangue do dragón.
Pode parecer básico ou aborrecido, pero pasei alí dúas horas e media. Especialmente interesantes eran as explicacións sobre o aproveitamento que fixeron os nazis da materia dos Nibelungos, asociando personaxes e situacións da trama co acontecido na I Guerra Mundial.
Iso si: audioguía en alemán, inglés ou francés. Como chegue alguén que non controle ningún dos tres vai levar un carallo coma un nabo, porque á parte da audioguía alí non hai absolutamente nada. E iso é o máis fantástico de todo.

Sem comentários:
Enviar um comentário