10.11.05

Krawalle


Que parvada é esa de comparar Tiergarten ou Moabit coa banlieu de París? Por favor! Se aínda me dixesen Marzahn, Hellersdorf... Pero a diferenza está en que aí as bolsas de marxinados están formadas case en exclusiva polos propios indíxenas ossis.

Se non me engano, nesta edición de Cineuropa vaise producir a primeira proxección pública en Galiza de One day in Europe, de Hannes Stöhr. Vexan, vexan a historia de Berlín e terán unha pequena parodia do que digo.

Ora ben, iso si, xa o din os xornais locais: en DEZ anos teremos París aquí.

Sem comentários: