11.11.05

Speyer

Camiño de Santiago en SpeyerVenres 11. Lisco do museo dos Nibelungos de Worms ao meu pesar porque esta noite teño que estar en Heidelberg e aínda quero dar unha volta por Speyer. Malia a pouca preparación desta pequena viaxe, xa tiven tempo de decidir que o que quero facer é visitar as tres cidades das catedrais imperiais románicas do Rin: Worms, Speyer e Mainz. Non estou moi seguro de que Speyer vaia pagar moito a pena, pero non podo desaproveitar a oportunidade.

En corenta minutos de tren rexional chego e flipo. Por algunha razón, as bombas deberon respctar este lugar, que parece tirado dun conto. A catedral ten unhas dimensións abraiantes: as súas naves laterais parécenme tan anchas coma a central de Santiago. Na rúa principal, diante da basílica, a estatua dun peregrino xacobeo.

Sem comentários: