8.10.05

encontros (in memoriam)

04-10-2005. Xusto un ano despois de comezar con Cesare unha viaxe automobilística entre A Coruña e Berlín que tería como consecuencia máis directa o nacemento deste blog, dispóñome a realizar de novo o mesmo percorrido, desta vez só e por vía aérea.

11:45. Subo ao avión na Coruña. Sorpréndome ao recoñecer perfectamente a azafata de sorriso profidéntico que me cumprimenta ao entrar.

13:00. Saio do avión en Madrid. Ao chegar á sala de recollida de equipaxes vexo de costas unha madrileña que coñezo de Berlín, saíndo coa súa maleta cara ao exterior.

19:30. Érgome para ir ao baño pouco antes de aterrar en Berlín. No penúltimo asento do avión vexo unha cara coñecida que recoñezo inmediatamente, ao contrario do habitual. Xa non ten crista, pero é el, o mesmo pasaxeiro anónimo que fotografei na sala de espera do aeroporto de Schönefeld o pasado 18 de xullo, no comezo das vacacións, cando os dous agardabamos polo noso voo a Madrid.

A TVG a todo lle saca punta.

4 comentários:

Cesare disse...

Mire...
E desta vez foille falar?

Cesare disse...

Ou terá que velo unha terceira vez pra decatarse que o destino é máis forte cá súa preguiza?

Plattdorf disse...

Grrrr...!!!

Plattdorf disse...

Xa me entende.