CSD
Este ano, grazas á multicoastalidade, asistín a tres celebracións do Día do Orgullo Gai (ben, en realidade catro, se contamos as festas do barrio de San Pedro en Santiago de Compostela). A da Coruña, o propio día 28, pequena pero un auténtico éxito para ser a primeira convocatoria, foi deliciosamente antisistema. A de Santiago de Compostela, máis grande, cada día máis institucional (fóra a i-alma) e cun concerto que me reconciliou cos Astrud.
Como xa teño contado, en Berlín celébranse dous desfiles do Orgullo simultaneamente: o grande, institucional, con trailers cheos de culturistas e un discurso do alcalde ao pé da Siegessäule, e o pequeno, o anarca, cunha furgalla con amplificación e actuacións de drags e punkies no palco da Oranienstr. Este ano, a anarca tivo lugar o día normal, pero a grande tivo que ser atrasada porque o seu percorrido final coincidía coas pantallas xigantes que se instalaron no Tiergarten para as megacelebracións do mundial de fútbol. Así que se celebrou este sábado.
Como habitualmente, os tambores de guerra do house que emitían os trailers xa comezou a chegar desde o Ku'damm ás miñas xanelas desde as once e media da mañá. Pero este ano tomámolo con calma e só nos unimos ao cortexo ás tres, despois dun fantástico brunch na casa de Petrus. No desfile? Abundaban os esteroides, os anabolizantes, a testosterona e as marcas comerciais. Klaus Wowereit, o noso alcalde marica, deu un discurso en que lle deu os parabéns a Zapatero por impor a igualdade legal nun país cunha sociedade tan católica e meteuse convenientemente cos polacos, os serbios e todas esas nacións orientais tan adorábeis.
O hábito de asistir cada ano a esta festa e a repulsión que me provoca a súa mercantilización nas grandes cidades fixo que non lle vise nada de especialmente emocionante. Son as árbores que non deixan ver a fraga. Agora párome a pensalo e enfurézome lembrando o titular dunha revista que vin nun quiosco do aeroporto o propio domingo: "Continúa a ter sentido o Christopher Street Day"?
Tanto ou máis ca nunca, viva o Día do Orgullo.

Sem comentários:
Enviar um comentário