Saturn é unha cadea de grandes tendas de electrónica, electrodomésticos e cousas polo estilo que se publicita como a máis barata. O seu lema comercial, que esta por todas as partes en Alemaña, é "Geiz ist geil", algo así como "a avareza é guai". Pero "geil", á parte de significar "guai", tamén é algo así coma o inglés "horny" ou o español "cachondo", ou sexa, quente coma unha borralleira.
Estes días vin por aquí esta foto de Einstein co lema "Geist ist geil". "Geist" tradúcese por "espítito" ou "enxeño", pero neste caso é unha abreviatura de "Geisteswissenschaften", ou sexa, os estudos de humanidades.
4 comentários:
Esa é a tradución de 'ai como me pos?'
Nooon :-D
É un pouco longo. Prometo explicación, pero agora teño que liscar.
En calquera caso, xa digo que a foto de Einstein é pouco adecuada e completamente prescindíbel.
Saturn é unha cadea de grandes tendas de electrónica, electrodomésticos e cousas polo estilo que se publicita como a máis barata. O seu lema comercial, que esta por todas as partes en Alemaña, é "Geiz ist geil", algo así como "a avareza é guai". Pero "geil", á parte de significar "guai", tamén é algo así coma o inglés "horny" ou o español "cachondo", ou sexa, quente coma unha borralleira.
Estes días vin por aquí esta foto de Einstein co lema "Geist ist geil". "Geist" tradúcese por "espítito" ou "enxeño", pero neste caso é unha abreviatura de "Geisteswissenschaften", ou sexa, os estudos de humanidades.
Xa ve. Así non ten graza ningunha.
Enviar um comentário