29.11.05

Galiza-Nagorno Karabakh immer noch


-Entón non hai un dicionario galego-alemán?
-Pois non... Agora mesmo están facendo un, pero polo momento haise que ir axudando cos de portugués e español. Claro, tes que comprender... É unha lingua minorizada, ten unha elaboración relativamente recente...
-Ai, non, tranquilo, eu enténdoo perfectamente. Tampouco hai un bo dicionario de alemán para a miña lingua.

5 comentários:

Cesare disse...

meudeus, sabe que morro coa envexa, sábero, verdade?

Cesare disse...

Por que pon Nagorno e non Alto?

Plattdorf disse...

Mire que lle ceibo os cans, eh?

:-D

Plattdorf disse...

En calquera caso era para lembrar aquelas pintadas omnipresentes na nosa pubertade (xa imos tendo unha idade):

"Galiza - Nagorno Karabakh: a mesma loita"

Lembro o enorme interrogante que brillaba sobre a miña cabeza cada vez que lía aquilo.

Cesare disse...

É que na miña vila escribiamos 'Sempre suaves'