30.10.05

Non lle podo recriminar nada. Toda esta humillación é froito da miña imaxinación, da miña perspectiva hipercrítica e neurótica da vida. Do meu veneno.

El, co seu pragmatismo resentido, non reparou en nada disto e quizais tería problemas en entendelo. Entretanto, limítase a vivir con toda a intensidade posíbel.

Eu envéxoo até a enfermidade.

8 comentários:

Plattdorf disse...

in vino veritas!

Plattdorf disse...

dura lex sed lex,
alea jacta est,
en abril augas mil,
en xaneiro, a raia sabe a carneiro.

Cesare disse...

Ía facer un comment trascendente, pero iso da raia e xaneiro deixoume imposibilitado.

Ben, teño que informarlle que esqueceu vostede de facer unha ligazón axeitada ao nome de benjamim, pero como eu estou en todo xa me encarguei de facer o traballo que malamente cumpren as estatísticas do blogger.

Debería coller isto e mandarllo a pousa antelo.

Tamén debería desdramatizar. Cando quedamos enganchados a un fracaso é quizais porque lle tememos a outro fracaso distinto... e tamén a outro éxito.

Plattdorf disse...

"é quizais porque lle tememos a outro fracaso distinto... e tamén a outro éxito"

Completamente de acordo coa súa opinión. Pero esta enfermidade é o que lle ten.

Cesare disse...

Esta enfermidade o que lle ten é amaño.

E agora en serio, por que non lle liga como debe ao blog do Benjamim? Pensouno realmente?

Plattdorf disse...

Pensei, ho.

Pensei que non o quería facer. Porque, xa non se lembra?, non todos somos Cesare.

Bicos. Teño saudades súas.

Cesare disse...

Vaia rañala con que non todos son Cesare. Cesare ten as súas movidas, e os seus medos, os seus pánicos e as súas inseguridades. Iso non lles dá dereito a escudárense nelas pra agochar as súas propias.

Agora, seriamente, debería ligar a Benjamim. A el nunca lle acordará mirar de onde vén a entrada ao seu blog, nin buscará o seu post, nin nada. Pero a concencia de vostede quedará máis acalmada.

E que rollo este de escribir as letriñas pra postear, arrediós.

Plattdorf disse...

Non dubido que Cesare teña os seus pánicos e as súas inseguridades. Estou seguro diso. O que acontece é que se enfronta a eles como lle peta, pode ou sabe.

Eu tamén.

E a verdade é que a conciencia, por ese lado, téñoa tranquilísima.

O das letriñas é para que non se me encha isto de spam, home. Ora ben, é un coñazo, si.