13.12.05

Barcelona gústame máis ca Madrí

En todo atopo lembranzas dela, até nos detalles máis inesperados. Unhas galletas no supermercado, as laranxas da casa, o ceo azul e o sol entrando por unha xanela.

Agora mesmo escribo isto no avión de volta a Berlín e tamén me lembro dela. Dos relatos das súas viaxes, que me foron dando pistas sobre un mundo que eu aínda non vira. Das viaxes máis domésticas en que a acompañei.

Nápoles, máis suxo ca Roma; en Venecia perdérase o Lugués e a súa muller houbo tolear mentres non aparecía. No metro de Nova York, camiño de Coney Island, Carme, imos por baixo do mar!. Un negro de ollos grandes no carnaval do Rio de Janeiro, os vellos coñecidos en Buenos Aires, o lucerío nocturno dos ranchitos ao entrar no val de Caracas. En Ibiza, non se me quería bañar máis que na piscina, camelos nas Canarias, o cura en Tanger. Onde estará esa Sevilla. Unha bolsa de mazás doces á beira do Arenteiro, onzas de chocolate La Carballinesa, tona con azucre, culleradiñas de café negro.

A min tamén.

14 comentários:

Dot disse...

(Recall happy memories. Remembering the good times with the person who died can be painful but healing)
É vostede moi valente.

zintuz disse...

André Maurois deixou dito que o momento máis escuro da noite é o que precede ao alba.

A min, as vegadas, sérveme de consolo.

Cesare disse...

;)

The Sobrado disse...

"pools of sorrow, waves of joy..."

pintega disse...

Un bicazo enorme, e moito ánimo.

Plattdorf disse...

:-)
:-*

Anónimo disse...

Todas as dores son a mesma dor...

María disse...

:*****

opaco disse...

Moitos bicos e unha aperta ben grande... co que lin, deixoume sen palabras :-)

Boss disse...

Um grande abraço.

ascárida disse...

:****

acedre disse...

Boas festas de Nadal

FraVernero disse...

Ei!
Acabo de descubrir a túa bitácora. ¿Galego emigrado en Berlín? Vaites, vaites...
Soa moi ben o das crónicas prusianas, máis agora que Prusia, como a Polonia que saía no 'Ubu roi' de Jarry quere dicir 'ningunha parte'. A maioría dela é rusa ou polaca...
Fai uns anos estiven na capital xermana, e a verdade, quedei totalmente engaiolado da cidade. Fermosísima. única. Iso sí, pensei que era moito máis grande... lonxe da metrópole fritzlanguiana...
Pensa un na 'Sinfonía dunha cida', na Alexanderplatz de Döblin cos elementos kitch da vella RDA, nos edificios de cristal e aceiro da Postdamer Platz, nas pequenas prazas e igrexas neoclásicas, ou nun Reichtag hipertrofiado, xigantesco, cuadrado (coma un tópico da mentalidade alemá).
Non quixera que demolesen o Palast. Tennos informados. Anque o edificio sexa bastante feo, e cadre mal coa cercana Illa dos Museos, é un testemuño vivo dunha historia que temo os wessis queren aniquilar, e que non deixaba de ter cousas boas (Brecht e a Berliner Ensemble, maior igualdade, o seu kitch), anque fose globalmente censurábel. Heiner Müller e prazas con nomes de Marx e Rosa a Roxa. Alédame pensar que o vello pazo hortera de lámpadas xigantescas fose empregado polas iniciativas xuvenís e sociais...
Feliz Aninovo!

Anónimo disse...

Buen blog, buena suerte

-------------------------
Café hafa Tánger