humanidade
A chamada soou no meu móbil nun momento en que estaba só na saída dunha estación de metro da zona 2 de Londres. Estaba tendo conta da miña equipaxe e mais da de The Sobrado, que ía nun recado antes de coller o tren de volta a Liverpool.
As bágoas xa acompañaran as últimas palabras do telefonema, pero deixar o móbil trouxo o choro aberto, os saloucos, as mans agachando a cara. Polas cóstas sentín unha voz:
-Please, don't cry. Oh, please, don't cry.
Cunha mestura de sorpresa e desconfianza, reparei na rapariga de ollos acuosos -compasivos no sentido máis recto da palabra- que me estendía unha man.
-Don't cry. Everything will be all right, you'll see.
Case non puiden articular un thanks. Despediuse.
-Have a nice day.
-Thank you very much, puiden reaccionar finalmente, colléndolle a súa man entre as miñas.
En poucos minutos chegou The Sobrado para me salvar nun abrazo inmenso. E funme de Londres cos ollos dela e os brazos del.
2 comentários:
ouh, plattdorf, eu quería marchar de calquera cidade así.
a tristura esa que se mete nos ósos e os espreme ata facerlles botar bágoas cúrase sempre cunha aperta e uns ollos amigábeis.
parece o comezo dunha película...
Enviar um comentário