2.4.06

don't you F.Y.R.O.M. me: call me by my name

Macedonia. Con certeza, o pais mais eurovisivo de todos.

Dous dias despois de chegar, tras atravesar todos os Balcans a bordo de autobuses estartelados nunha espiral de quilometros infinita, escribo desde a oficina dos voluntarios da Union Europea na cidade de Struga e xa podo dar unha descricion deste lugar en que Benjamim nos acolle.

Isto é coma Suiza, montañas nevadas e lago incluido, pero con mesquitas e plasticos no chan. Podo asegurar que nunca estiven nun sitio tan sorprendente. Despois de me roubaren a camara dixital nova, un ano despois de que me roubasen a anterior no Porto, vexome incapacitado para ilustrar graficamente esta afirmacion, pero nalgun momento ha de haber outros posts.

Polo de agora sigo no film de Kusturica.

7 comentários:

acedre disse...

Debe de ser unha marabilla a zona esa.
Muito cuidado que non che rouben mais cousas.

revelde disse...

Vexo que o está a disfrutar e alegrome por iso. Recorde o das miñas postais senon o asasino. Bicos

boss disse...

Pfff.. isto de visitar cidades em clima de pós-guerra é muito perigoso para as máquinas digitais, estou a ver :(

Mas porque diz que é o mais eurovisivo?

boss disse...

PS: conheci uma vez um grego de Salónica capaz de bater em alguém por um título como o do post. Tenha cuidado! ;)

Cesare disse...

Pero como é que lla roubaron??
Meudeus... As analóxicas seguen tendo algunhas vantaxes.

Plattdorf disse...

Tranquilos todos. Despois dunhas xestions divertidisimas e ben balcanicas, recuperei a camara.

Por que Macedonia e o pais mais eurovisivo de todos? Pois direille que:
-antes de chegar pensabao porque e a referencia fundamental que temos do lugar. Francia, a torre Eiffel, Inglaterra, o Big Ben, Macedonia..., eurovision.

-agora que xa conhezo o lugar, tenho outro argumento para apoiar esta idea: boa parte dos rapaces deste pais andan pola rua vestidos como se fosen directamente para o ensaio xeral do festival. Fixador de cabelo, lentes de sol xigantescos, piercings por todo canto é parte...

Ou sexa que, tal como repetimos incansabelmente Benjamim, Mjoao e mais eu estes dias cada vez que nos cruzamos con algun exemplar deste tipo: God save Macedonia and the Eurovision Song Contest!

boss disse...

Pensando bem acho que já me tinha explicado isto antes, folgo em saber que se comprova no local.. :)