28.3.06

o despropósito comezou cando pensei:

-debería mercar un mapa dos Balcáns...

Ao principio todo parecía moi fácil. Mjoão e mais eu iamos visitar a Benjamim en Struga e os voos baratos máis próximos deixábannos en Split. En liña recta non é tan lonxe e o traxecto é precioso, por Dubrovnik e toda a costa adriática de Dalmacia.

Pero claro, a liña recta atravesa precisamente Albania. E a liña aproximadamente recta que evita Albania atravesa Kosovo. E tal como nos avisou un indíxena que coñecemos estes días, mentres debuxaba con xesto teatral un grande X vermello sobre o mapa de Kosovo:

-Isto é un burato negro. O que entra non sae.

E como eu teño cita para depilación á volta e non podo faltar, ao final toca un rodeo de sete estalos: tren Podgorica-Užice-Niš-Skopje, 2000 horas pendurados dos Balcáns e múltiples acentos circunflexos do revés nos erres. Ou algo.

Que non sexa nada. E d'hoxe nun ano.

7 comentários:

Plattdorf disse...

Ai, non, que iso xa é Serbia e Montenegro e aí escriben en cirílico...

Haberá que recuperar o grego de COU (si, que pasa?) e botarlle imaxinaxión.

opaco disse...

Unha viaxe envexable. Nós fixémola ao revés, desde o norte cara o sur e podemos confirmar que Dalmacia é a parte de Europa onde o naturismo está máis implantado ;-) E o grego de COU ha de lle valer de moito (tamén confirmo) Por certo, e non sería mellor procurar un billete a Salónica? Ou é por dar unha volta?

Ghanito disse...

Si que é unha boa volta, si. ¿E alugar unha chalana?

Cesare disse...

O grego de COU? pero a que clase de ensino público ían vostedes?

E non vou facer ningún chiste sobre o grego de entón a esta parte...

Cesare disse...

Aj, pola parte que me toca... estou tremendamente feliz coa nosa memoria.

Nona disse...

O grego de COU (optativo) de cando ainda era obrigatorio en terceiro de BUP por letras, supoño. Eu fixen o COU no 84 e así era a cousa.

Plattdorf disse...

Pois eu fixen COU en 1994 e a cousa éralle a mesma.

Opaco: non collemos un voo a Grecia porque era moito máis caro ca voar a Split. E tamén porque nos vai a marcha, claro. ;-)