21.3.06

frühling, so früh

Non só é primavera no Corte Inglés. Os galegos son unha xente caracterizada por maldicir seguido o seu clima -non lles quito a razón-, pero iso non lles permite decatarse de que por moito que chova, 15ºC son 15ºC e iso é primavera plena, aquí e en Pequín.

E non saben o duro que é saborear unha primavera tan temperá como a galega, que chega antes de que o marque a astronomía con mimosas, pexegueiros e camelias en flor, e volver á dura realidade da neve e as temperaturas xélidas que me deparou onte o retorno á cidade.

Sigo á espera do desxeo. Algún día ha chegar.

1 comentário:

Ghanito disse...

Despois de ver isto síntome culpable de andar dicindo que n´A Coruña o tempo é peor co de Vigo.

O dos 0º que pon aquí ó lado no é verdade, ¿non si?

Mañá vou ir traballar en pantalóns curtos.