29.4.06

os tempos son chegados

Lémbranse da época O-Zone e daquelas voces que proclamaban a necesidade dun euro-chochi-hit en galego?

Non esperen máis, o Projecto Mourente xa está aquí, superando con moito en calidade aos nosos queridos amigos moldavos, e A Regueifa pon os seus ritmos ao noso dispor. Entre os temas do disco hai auténticas glorias como Máis heteros (que os heterossexuais) ou Como os caranguejos. Iso si, se o que buscan é un éxito petardo non hai dúbida. Berren comigo:

Que me enterrem na discoteca!




Estou fanatizado.

7 comentários:

Cesare disse...

Eu tamén

Dot disse...

Extraordinario.
"Quién es ese hombre?" ;)

Plattdorf disse...

Iso aínda é o máis extraordinario, quen o fixo.

Anónimo disse...

Só espero que os DJs e os programadores musicais flipem a metade do que eu. Isto nom é um chochi-hit, som três ou quatro!!! Genial!

Plattdorf disse...

Este ano imos ter canción do verán, diso non hai dúbida.

Plattdorf disse...

E vai saír deste disco, enténdase.

eue disse...

Eu tamén sei "quen" foi. Hehehe...