16.8.06

andar á contra

A mesma noite do concerto dos Pet Shop Boys, saindo por Churruca, acabei coincidindo en todos -reparen ben no que digo: todos- os locais en que entramos cun rapaz que levaba a mesma camiseta ca min. Estame ben, pensei, por andar usando en Galiza a minha roupa de Inditex.

Sabado noite, en Londres, vou a un local de rapaces e vexo un mozo coa mesma camiseta de Zara. Afortunadamente, ese dia non a levo posta. Pero o tipo cachame mirandolle o peito e comeza a roldar. Como non me parece cousa de xeito, decido facer o avion durante un bo cacho. Unha horinha despois, cando se cansa, pasa ao meu caron e dime:
-Bye.
-Bye -respondolle.
-Tchau?!? Mas como tchau?! Es portugues? -xuro por Deus que eu non dixen chao nin nada que se lle pareza. E en calquera caso, que carallo ten chao de portugues?
-Não.
-Como?
-Não sou portugues, não!
-Ai não es portugues, claro. Eu tambem não... -conversacion mas gallega no la ha parido madre en lo que va de historia.
-Não, a serio, não sou.
-Olha, pois falas muito bem.
-Obrigado.
E vaise.

Domingo á noite, en Londres. Vou a un club de mozotes endrogados sinteticos e, nun exercicio de idiotez sen limites, levo unha camiseta de H&M. Ao pouco de entrar vexo un rapaz coa mesma camiseta ca min. Decido non me achegar.

6 comentários:

m)alicia disse...

gallegos identificados

m)alicia disse...

e non é por darlle a razón a cesare, nin por botar leña ao lume (ben sei que non o notades) pero contaba coas 'crónicas saxoas'. no da vontade de permanencia, superafavor

Plattdorf disse...

Bueno logho, pois atendendo unha enchenta de peticions do publico, ai as tenhen, saxoas.

Se calquera cousa, xa saben, eh? 'E so asubiar.

Cesare disse...

Do da permanencia temos que falar ao que vostede chegue. Inda o vou quentar.

boss disse...

"tchau" é brasileiro, "chau" é portuguesíssimo LOL ;)

Plattdorf disse...

com certeza...
;)