acarajé e abacaxi
Levamos uns días en Salvador e Fuegho conta:
Vivimos xusto enriba da -créano ou non- "Tortillería-Bar Galicia". A praia do Porto de Barra, coa vista das luces da illa de Itaparica ao lonxe, a dunha ducia de pasos (descalzos, que se non os Meninos da Rua róubannos as hawaianas, disque).
Traballamos o xusto. Mercamos o xusto tamén, mais facémonos timar a cada ollada. Dannos muita lástima occidental e soltámoslles os reais.
Danzamos no Pelourinho forró, samba, axé, pagode, nomes que veñen de tan lonxe coma as horas do reloxe, que diria o outro.
A cabocla era a que máis triunfaba. O resto tentabamos combinar os movementos corporais (torpes, fóra de contexto) coa discreción por respeito aos nosos convidados e ao decoro con que pretenden andar polo mundo os que xa non é a primeira vez que saen da casa. Somos, como todas as cartas de amor, ridículos. Mais posibelmente sinceros. E hai, sen dúbida, que querernos.
Esta noite imos de cea, lucir lazadiñas coridas do BONFIM e tentar achegarnos desta xente que, a todas luces, nos supera.
5 comentários:
Somos, como todas as cartas de amor, ridículos. Mais posibelmente sinceros. E hai, sen dúbida, que querernos.
ghughá
Ola, aquí Ghustavera; non sei se me lembras. É tan lindo o que escribes como escaso. Tan poucas palabras, mais capaces de abalar unha conciencia ou un corazón, aínda que xa estea ben instalado no outono... Bulo escaleiras arriba pra ver se as nosas cintiñas de cores aínda ondean penduradas na biblioteca. Muito obrigada por me deixar intranquila e com saudade. BICOS
dealle bikos a marcos, o da tortilleria.
paseo ben e disfrute.
unha aperta.
Ahe! Anton! dancou tudo o que podia! os nomes vem de longe mas em berlim voce sabem com quem dancar tais ritmos! com o DJ Garrincha. abraco e ate mais em berlim. Marcus.
pois se a cabocla tivo éxito, vós tamén bailastes moi ben e pasámolo bomba. un beixo a todos.
Assdo. o da tortillería
Enviar um comentário