riogayguide
O que non sei é como non me decatei antes...
A casualidade fixo que o meu aloxamento en Rio de Janeiro fose durante estes días un albergue no medio e medio da zona gay de Ipanema, na esquina de Barão da Torre con Farpe de Amoedo. Por iso non quixen evitar coñecer o que se cocía por estes locais.
Despois dun par de horiñas en Le Boy, o mulato máis espectacular do local, descamisado e con viseira, abandonou o grupiño que se fora formando ao seu arredor no mazadeiro e púxose ao meu lado. Aos poucos minutos xa estabamos; eu non o podía crer. O rapaz mantiña os ollos pechados, como finxindo estar algo aturdido, pero non o atribuín a nada en especial. Cando a cousa foi pasando a máis notei certa resistencia. Insistín e volveuse resistir. De repente decateime do que estaba pasando: aquel rapaz non estaba alí por deporte...
Confirmoumo cando abrín os ollos e me separei: chascou a lingua, deu un paso a un lado e liscou, perdéndose entre a xente.
O seguinte era enxeñeiro e de São Paulo. Moito máis cariñoso. E gratis.

2 comentários:
Todos na vida temos que ter esa experiencia, eu nunca esquecerei a miña co ruso ese, que cachondo estaba, arffff. Bicos
jujasuajsuajsj
pois eu aínda non tiven oportunidade... :)
Fólgome tantirmo... a ver se nos vemos asap
Enviar um comentário