exóticos
Non fan falta moitas luces para entender que dentro do Brasil hai varios países, cada un máis interesante ca o anterior. Fronte ao exotismo sen matices de Bahia, africana, suorosa, con cheiro permanente a aceite de dendê, Rio de Janeiro preséntase cun exotismo máis domesticado. Isto é unha cidade occidental posta no medio do trópico, e iso nótase en que os propios cariocas, cunha perspectiva occidental, se consideran a si mesmos exóticos sen acabar por completo de selo.
En Rio volvéronse pór de moda os antigos bailes. Onte, no barrio de Lapa, despois de cearmos un cabrito impresionante no "Nova Capela" (moi recomendábel), fomos ao Club dos Democráticos. Unha curiosa mestura de adolescentes con aspecto indie (moitos), maduros do barrio, estudantes de bailes de salón, trintaneiros/trintaneiras bohemios ou non en busca de cacho e turistas curiosos ocupan unha sala de finais do XIX con chan de madeira e ventiladores de teito. Bailan todos ao son dunha orquestra de samba e sentan de cando en vez nas mesas que rodean a pista para observar aos demais. É difícil de entender, pero é así.

1 comentário:
Fermoso local, si señor. Hai dous anos estivemos aí. Non vería por alí á teresa Crtistina e o grupo Semente?
O seu texto deixoume as saudades do Rio. Boa viaxe!
Enviar um comentário