15.10.06

heimat

Ao final, nunha semana que pasei alí a Galiza non lle deu moito tempo de ser moi distinta. Pero as mudanzas estaban aí, materializándose aos poucos. Aínda así, a sorpresa maior foi atopar a meus pais incomodados entre si. Será pola falta de costume, será pola miña consabida covardía, pero a situación obrigoume a fuxir da casa e ao final acabei pasando boa parte da semana entre Santiago e o San Froilán.

Non, non me dou acostumado á sensación de que me necesitan.

1 comentário:

Cesare disse...

uffff

podería dicirlle moito e moito sobre este post. pero non o farei sen estarmos bébedos, os dous.