1.10.06

tristeza post-coitum

Hai catro días, ao aterrar no aeroporto Sá Carneiro do Porto souben que ese día chuvioso ía marcar un antes e un despois en moitas cuestións. Non me enganaba. Levo dous meses a cabalo entre Londres e o Brasil, vivindo nunha burbulla. Pero agora... Fuegho retorna definitivamente a Galiza despois de cinco anos en París. M)alicia parece encarreirar a súa vida laboral e faise grande. Cesare lisca do país e comeza por establecerse en Escocia. A seguinte xeración da miña familia avanza ficha: un neno que vin nacer, a quen lle mudei os cueiros e lle dei o biberón, vaise mañá para Santiago a comezar a súa vida universitaria e repite así unha historia da que eu mesmo fun protagonista doce anos atrás.

É por iso que nin Galiza, nin Santiago nin eu volveremos ser os mesmos. Dentro dunha semana comeza o que pode ser o meu último ano en Berlín. E veremos o que acontece.

3 comentários:

albixoi disse...

O tempo pasou e nós fixémonos vellos. Unha aperta do máis vello.

Anónimo disse...

Esa visión é universal á condición humana, e ao mesmo tempo inxusta, outros foron antes ca nós nese proceso e afortunadamente outros virán despois, pero, sobre todo, e despois de mirar as cousas que miramos polo Brasil adiante, só é á frente que se olla e só en positivo que se pensa. Pásao ben en Berlín e boa reincorporación. Galleiro

Cesare disse...

bueno, non me diga que o seu parente chega con dezaoito e eu marcho... non pode ser, e eu que quería sumarme á súa familia for o que for