Torquemada, 'osos, tumba, remexer
Dado que Fuegho, que me acompanha neste veran londiniense, atravesara o tunel para pasar a fin de semana en Paris pinando co seu churri, domingo pola manha collin un tren en Waterloo para facer unha excursioncinha fora da cidade. Unha hora e media despois baixei en Canterbury e fun case dereitinho para a catedral. Ao chegar habia misa cantada dentro do coro gotico, asi que sentei para escoitar o concerto e quedei pensando no efecto que teria o antigo coro petreo do Mestre Mateo na nosa nave romanica.
Nestas chegou unha familia xaponesa. Pola porta oxival do coro podiase albiscar a figura do mestre de canto dirixindo a masa coral, e asi que a nai de familia o viu puxose a rir, sinalalo e imitar os seus movementos de director. Cinco segundos despois, no medio da misa e en plena magnificencia gotica da nave central de Canterbury, cinco xaponeses e xaponesinhos sacabn fotos, rian abertamente e movian os brazos coma tolos ante a atonita ollada do resto de turistas occidentais.
3 comentários:
A cultura oriental é tan diferente da nosa que nunca deixa de sorprendernos. Sempre reaccionan da forma máis insospeitada por nós.
Sorry, off-topic.
Já conhece isto: http://www.rentagerman.de/ ?
Estou a flipar...
A flipar mesmo.
Enviar um comentário