7.9.06

promesas cumpridas

Faltaron millóns de posts por facer en Londres. A secuencia dos acontecementos foi máis ou menos así:
1.-Luns ás 5 e pico da manhá collemos un metro en Baron´s Court. Ás 07:33h da manhá chegabamos sen folgos ao mostrador de Ryanair de Stansted para descubrir que acababan de pechar a facturación uns minutos atrás.
2.-Fartos do dispendio, e tendo en conta que tiraramos as chaves da casa de Miss White polo oco do correo, decidimos non volver a Londres para non ter que pagar o tren de volta e un aloxamento.
3.-En consecuencia, pasamos 24 horas e media no aeroporto de Stansted até coller avión do día seguinte á mesma hora. Como hai voos desde as seis da manhá e non hai transporte público a esa hora, centos de persoas dormen no aeroporto todas as noites. Nós, que non estabamos precavidos, quedamos sen sitio nos bancos e durmimos no chan.
4.-Chegamos a Santiago de Compostela, vexo a m)alicia e a Cesare cinco minutinhos e despídome deles. A m)alicia vou tardar unhas semanas en vela, seguramente en Santiago. Con Cesare xa quedo en vérmonos directamente en Escocia.
5.-Estou na casa de meus pais día e medio xestionando as próximas semanas, repartindo souvenirs de Londres e asistindo ás xornadas gastronónicas da castanheta que ten preparadas minha nai.
6.-Xoves ás 5 da manhá saio da Corunha conducindo en dirección sur. Acompánhanme meus pais.
7.-Ás 6:20 recollo a Fuegho en Redondela. Despedímonos de súa nai e seguimos en dirección sur.
8.-Ás 7:00, á altura de Braga, Fuegho decátase de que non ten o pasaporte. Chama á casa para que llo traian a toda velocidade ao aeroporto Sá Carneiro.
9.-Chegamos ao Sá Carneiro e falamos cos de facturación para que tenhan piedade de nós. Compórtanse con amabilidade extrema.
10.-Cinco minutos antes de embarcar e tras unha espera de angustia máxima, chega o pasaporte de Fuegho. Ás 9:10 hora portuguesa embarcamos para Lisboa.
11.-Chegamos a Lisboa e collemos outro avión.
12.-Lémbranse dun post que fixera o ano pasado falando dun país tropical? Pois ben, cumprindo as minhas promesas, unhas poucas horas despois de saír de Lisboa ténhenme escribíndolles desde o aeroporto de Recife, Brasil.
Aquí comezan As Crónicas Nordestinas.

8 comentários:

Anónimo disse...

E disque teñen unhas praias... belíssimas. Páseo ben, non desaproveite. Nótaseme a envexa? Por certo, con quen voaron? ;-)

Cesare disse...

dios, dios, dios...
a min chégame pasar iso e morro xa mesmo á altura de Braga

canto teño que aprender, midios

dorfun disse...

...pois eu sí que botei de menos algúnha crónica londinense... qué haberá apetecible agora en setembro? ...se tes algunha suxerencia...

Anónimo disse...

Vaia, oh, de que me soa esa historia de perdón o vión en Stansted, hehehe.

Plattdorf disse...

Caladinha, á volta temos que compartir experiências.

Dorfun,xa ten un mail meu con algunhas cousinhas.

Opaco: o conto do voo dá para tres ou catro posts máis. Intuíu ben: orixinalmente tinhamos voo coa Varig e foi un mes antes de voar cando nos avisaron de que nanai.

Semanas despois de moitas volta e moitas chamadas, devolvéronnos o billete e compramos outro coa TAP bastanter axeitadso de prezo. Iso si, no canto de voar a Río voamos a Recife...

Lúa Neghra disse...

Iso de perder avións... O noso foi en Sá Carneiro, precisamente antes de Berlín. Hai moito que contar... Biquiños por Bahía (tamén para María Liñeira e Helena González da miña parte)

Anónimo disse...

ugia di:
qué stress. Em Londrés gastam o ouro e o mouro num taxi, perdem o aviom, o passaporte de fuegho "chega voando" a Lisboa como pode... coisa boa.
Ai! Aqui tou embalando caixas e pensando que bem estariam as Nordestinas galegas coas Nordestinas Brasileiras. Melhor cos Nordestinos! Almas candidas nom perdades a cabezinha, sentidinho.

Plattdorf disse...

fuegho contéstache:
faino ti mellor!

;-)