sandar
SANAR
Las lágrimas van al cielo
y vuelven a tus ojos desde el mar.
El tiempo se va, se va y no vuelve
y tu corazón va a sanar.
La tierra parece estar quieta
y el sol parece girar,
y aunque parezca mentira
tu corazón va a sanar.
Y va a volver a quebrarse
mientras le toque pulsar.
(...)
JORGE DREXLER, 12 segundos de oscuridad.
Onte fun a un concerto de Jorge Drexler, máis ca nada por compromiso e amizade cos organizadores. Era o primeiro concerto do uruguaio en Alemaña e, aínda que fose na cidade de orixe de seu pai, había medo de non encher o local.
Drexler sorprendeume positivamente, porque non son eu moi fan do seu estilo. De todos os xeitos, foime bastante complicado concentrarme. A imaxe dun home cunha guitarra levábanme a mente a outras cousas.
Hai algo menos dun ano, eu estaba en Londres e recibín unha chamada que me obrigaba a viaxar inmediatamente a Galiza. Na desesperación do momento, o abrazo de The Sobrado foi unha salvación.
Luns pasado, en Liverpool, el viviu o mesmo e non houbo quen o abrazase até aterrar en Vigo.

2 comentários:
oh, vaia...
síntollo moito. moito
a min este disco de drexler... ten cousas que molan. A pesar do home, o rancor e a guitarra.
Viches isto?
http://www.youtube.com/watch?v=0BqhKCHr8CY
Enviar um comentário