17.1.07

que pasa?

Non sei o que pasa. Na Voz din que xa acabou a reunión, pero nada máis. Tento conectar coa tele en www.crtvg.es pero o servidor non debe dar abasto, porque non vai. Probo coa RG: vese o estudio das Quimbambas, baleiro, e interpreto que os de informativos están retransmitindo as declaracións, pero non se oe nada. Fíxome ben: dentro do estudio das Quimbambas vese un monitor coa tele posta e..., si, parece Quintana falando. Pero non se oe nada... E agora teño que marchar...

3 comentários:

ro disse...

pasa q non hai estatuto. :)

bicos, ro

Cesare disse...

si, iso pasa.

e iso pásalle por non ler vieiros, que informou rápido, preciso e a canón.

Plattdorf disse...

Perdona, bonita, pero cando escribín isto a Voz xa dicía que acabara a reunión. Vieiros aínda non.