31.1.07

Lesungen

Vou ao acto do día: recital poético de dous escritores gais na Brecht-Haus. Polo visto dálles un morbo especial facer o acto na casa do grande homófobo Brecht.

Eu tamén vou polo morbo, pero non polo de Brecht, porque eu a verdade é que non teño nin idea sobre o que pensaba Brecht das Tunten da súa época. A min o que me dá morbo é que un dos escritores é combozo meu: ex dun ex. Non estou seguro de que me vaia recoñecer, e a verdade é que non me apetece moito, pero a última vez que nos encontramos nun bar estivo a piques de quitarme os ollos, así que vou por ver o que pasa e saber que é o que escribe.

Non me recoñece, ou non me ve, ou fai coma quen; o que escribe non está mal de todo, pero o formato recital-de-toda-a-vida é tan aborrecido que o morbo decae a grande velocidade. Só queda disimular o fastío e esperar que non dure moito máis.

4 comentários:

Anónimo disse...

Non te preocupes a min sempre me pasa o mesmo cando vou a un recital da Iolanda Castaño ou unha destas...
Os recitais poéticos non son bo sitio para coñecer xente e moito menos para algo máis...

Cesare disse...

e as ligazóns???

Cesare disse...

porque isto non ten que ver con caneiro, non?

Plattdorf disse...

Ligazóns? Neste post non hai.

Pero non se preocupe, Cesare, se algún día se me ocorre pór unha ligazón oculta, vostede ha ser o primeiro en sabelo.

Por outra banda: Caneiro?
??
???