15.1.07

ai, como me pos!

Viviremos nos tempos do fragmento, mais a crítica global segue a ser posíbel e talvez máis necesaria que ningunha outra. Ser anticapitalista e antioccidental segue a ser a única posibilidade de saúde mental na selva do século. Burka, cliterodoctomías, fundamentalismo islámico. Todo contaminación mediática. Bla bla bla. O mundo musulmán hoxe cumpre no mundo a función de "outro" e como tal débese apoiar globalmente e pódese defender como estratexia antihomófoba, antipatriarcal, antirracista ou ecolóxica sen que nos rinchen os dentes pola contradición. Non hai tal contradición, pese a quen pese.

Alá é o noso deus e Mahoma o seu profeta!


Despois de lle ler o libro e de encontrar estas cousas súas pola rede, creo que este fulano me parece ben. Moi ben, incluso. Diría que se podería converter nun gurú.

Ademais, se hai algo que lle agradezo, é que me reconcilie co espírito de contradición do home-detrás-de-Cesare, ese provocador.

Eu, pola miña banda, estou completamente perdido na vida. Guía espiritual wanted.

7 comentários:

besbe disse...

A min o libro estame a gustar, hoxe case me creo que foi verdade a historia de Varela e o comboio. As veces sóbrame esperma que ler, pero bueno.
Sobre o do guía espiritual, sorte :)

cambote disse...

Escribir escribe moi ben.

Anónimo disse...

mafomede o noso profeta

Cesare disse...

jausjasuajsu

onte puiden ver nesta televisión marabillosa unha reportaxe sobre o fundamentalismo nas mezquitas británicas. Como non concordo co do anticapitalismo e por suposto tampoco co do antioccidental, quizais me custe entrar polo aro de crer que mafomede é o noso profeta.

De feito o único que podo pensar cando cavilo sobre política internacional é que cando estea xubilado e non poida viaxar porque o petróleo estea practicamente esgotado, serei gobernado por unha autocracia laica e chinesa ou por unha ditadura relixiosa islámica.

Así que o mellor do islamismo é que ataca na súa raíz a miña incipiente sinofobia... :)

Pero, claro, si, Mafomede sempre.

Plattdorf disse...

Ah, que curioso, precisamente hoxe pola mañá vía eu en Arte (esa marabillosa televisión radicalmente continental á que aínda lle debo un panexírico) unha reportaxe e púxenme a pensar en futuros coma os que vostede debuxa.

En calquera caso, non dubido da súa falta de antioccidentalismo e do orgullo que lle infunden os logros históricos da burguesía europea. É precisamente iso o que o converte nun provocador no medio en que se movía en Galiza. E supoño que é iso o que o honra, querido.

O que non sei é como vai lidar agora co seu afán de provocar vivindo en Escocia. Pero cada un sabe as súas. Sempre pode recorrer a outros centos de ítems. O caso é querer.

Cesare disse...

quizais non era todo provocar...
tamén podo mudarme de país.

Plattdorf disse...

Quizais.
Tamén.