5.2.07

identidade nacional


O último DJ da festa chámase Ausias e é de BCN, ou por aí. Despois do electro da DJ anterior, este ten como especialidade as raridades das músicas española e portuguesa dos anos 80, ou sexa, petardadas ao máximo que aquí son dun exotismo supercool. E aí non hai patrimonio inmaterial que valla nin farrapos de gaita (de foles). Eu e mais os madrileños bailamos con La bola de cristal e Mjoao e os portugueses con Play Back.

Outro momento glorioso da noite: soa Para hacer bien el amor hay que venir al sur e o siciliano mira para min con cara de indignación e incredulidade: Raffaella Carrà?! Ma questo in italiano è "Com’è bello far l’amore da Trieste in giù"!, exclama. Eu esmendréllome.

2 comentários:

Anónimo disse...

Tocoulle levar a El-Rei coñecer o ambiente berlinés? Polo menos que non lle "joda a guita"... Conte, conte!

Cesare disse...

Trieste???

Acaba de fastidiárseme unha cosmogonía