20.2.07

The Bubble



A Eytan Fox xa lle vira un par de cousas, por iso me apeteceu verlle The Bubble.

Teño que dicilo. É unha "peli bonita" e malia todo foi o meu filme favorito da Berlinale 2007. Resistinme, eh?, sobre todo porque quixen ver etnocentrismo sionista na presentación dun Israel ideal para que vivan os gais e unha Cisxordania medieval pola teocracia islamista. E o etnocentrismo haino, si, pero é máis occidental ca sionista (o cal me tranquiliza, porque eu tamén sufro diso, Samuel Solleiro me perdoe). Ademais, os maricas xudeus do filme tampouco o teñen de todo fácil. E os actores son tan guapos...

The Bubble fai unha crítica das posturas apolíticas dos gais israelís que viven no barrio máis cool de Tel Aviv, unha burbulla no medio do horror. Non sei se a historia é moi verosímil, pero eu rinme, chorei (bah, de acordo, non chorei, pero só porque me é case imposíbel; todo o mundo ao meu arredor choraba, iso si, e eu tenteino) e saín da sala conmovido, no mellor e no peor sentido da palabra. Ademais, agora que as cousas están tan achuchadas, supoño que toca recomendalo.

3 comentários:

franetico disse...

todo un lujo tenerte de comentarista pangalaico de la berlinale. estaré atento a cuando estrenen la película, seguro que en alguna sala minúscula de santiago y durante unos cuantos días. gracias

Cesare disse...

:)

vostede ten en conta a dificultade que supón pra un disléxico comentar no seu blog?
estou falando a serio.

Asdo: campaña prá supresión da word verification nos blogs

Cesare disse...

Meses despois, conseguín ver o filme. Deberíamos discutir algo sobre o que é ser apolítico. ;) Incluso sobre o que é ser eurocéntrico e por que Eytan Fox o é e non Ralf König, ou que?