13.12.04

Israel e Kennedy

Walk on water, moi ben. O neto gai dun nazi, un axente dos servizos de intelixencia de Israel, conversas sobre o grande tabú dos alemáns. Fícame na retina a imaxe dos dous en traxe de baño, co corpo cuberto dunha lama terapéutica negra e reseca, entrando no Mar Morto nas puntas dos pés por mor dos croios da praia.

O director é o que fixo Yossi & Jagger, unha de amor entre soldados no exército de Israel, que xa se estreou este ano en Berlín.

Walk on water está rodado en Israel, Istambul e Berlín, en hebreo, alemán e inglés. E case por primeira vez vivín a sensación de estar a ver un filme con secuencias rodadas a poucos metros do cinema onde estou sentado. Adorei poderme rir cos berlineses ao recoñecer algúns detalles locais que aparecen no filme, como o Currywurst, ou algúns personaxes famosos da escena gai local, como Biggy van Blond, que xa é unha referencia para min.

Será que pouco a pouco vou camiño de dicir aquilo de Ich bin ein Berliner?

6 comentários:

Cesare disse...

:)
que riquiño

Dot disse...

Eu baixei o Yossi & Jagger, pero non o puiden ver pq está en hebreo cerrado e non lle souben colocar os subtítulos en inglés.
Estar aí dará moito frío, pero tamén ten as súas vantaxes. Olha pra eles! ;)

Cesare disse...

Yossi & Jagger
Pídoa prós reises

Plattdorf disse...

Eu non a vin, recoñézoo, pero hai pouco tempo estivo nas salas comerciais. Onte mesmo encontreina no video-club, pero levei Lost in translation, que con subtítulos en alemán é moi pavera.

Plattdorf disse...

Por certo, Cesare:
como se arranxaron aí coa dobraxe/subtítulos de "Walk on Water"? Dígoo polo rodaxe trilingüe.

Cesare disse...

Vina en subtitulada
E foi realmente fermoso ver os tres idiomas a beilaren...