18.12.04

Nubes

06:00h da mañá. Despois de durmirmos unha hora e media, hai un pouco que Prisciliana liscou para coller o avión que a leva a Bratislava, e eu lisco agora mesmo para coller o avión que me leva á Coruña. Hai un chisco, mentres acababa de facer a maleta, chegoume unha mensaxe de Dagha, Su Ellen perdida, que estaba chegando á casa para deitarse despois de deixar a Cesare de farra. Cóntame que dentro dunhas horas xa nos imos estar embebedando todos polo Sex Machine.

Hoxe tamén é o día do reencontro con Elfnoldo. Emoción e intriga, dor de barriga.

Alá vou.

2 comentários:

Cesare disse...

Así que Elfnoldo...
Non me deixa un alcume a dereitas...

Anónimo disse...

rollo abuela tecnófila e atrasada: o momento en que lin a súa sms escrita a tres mil kms gardareino como un instante de felicidade.