23.12.04

O porco é sagrado

Estes días quería escribir con calma sobre a anécdota do Nadal deste ano na miña casa. Na cea de Noiteboa e no xantar de Nadal imos ter o Richard, un xudeu estadounidense, como convidado. Ninguén alleo á miña familia pode imaxinar a profundidade dos argumentos e a intensidade dos debates das últimas semanas sobre a conveniencia ou non de presentar na mesa, tras o bacallau con coliflor, un asado de raxo con castañas canda os outros asados de carne. Claro, o fulano non come porco, pero o menú de Noiteboa nesta familia é estritisimamente tradicional, e se morren antes que permitir que o marisco o profane, moito menos van deixar de servir o asado de raxo.

O asunto é que un encontro fortuíto desta mesma tarde permitiume saber que o asunto kosher non vai ser o máis interesante do Nadal. Hoxe non teño tempo para escribir máis, pero podo adiantar que Richard vén de San Francisco.

Mañá máis.

6 comentários:

Dot disse...

E logo os varóns practicantes da relixión xudea poden fornicar con outros varóns? Non poden comer porco pero poden practicar a sodomía? Son como os mormóns que só teñen prohibido 'xacer' con outro home? Tamén o fan de pé?
A verdade é que son preguntas un tanto complicadas para unha familia tradicional galega, se ese é o caso. ;)

Plattdorf disse...

Home, Dot, non está adiantando un pouco os acontecementos? ;-D

Plattdorf disse...

No referido á familia, non sabería que dicirlle. Non sei se non será máis conservadora que tradicional. Preferiría que opinasen outros.

Como pista, aclararei o seguinte: nesta casa o menú de Noiteboa non é estritamente tradicional por simple inercia, senón que é froito dun proceso de reflexión. Non é un menú de ida, senón de volta. Explícome?

Pola mesma, as innovacións culinarias están reservadas para o menú de fin de ano, que responde a costumes festivos máis recentes.

E así con todo. É esgotador...

Cesare disse...

O que aínda non me quedou claro é:
1. que carallo pinta un xudeu na casa de seus pais?
2. como sabe vostede que é gai?
3. saberá ter a cabeza fría e renunciar a iso que, con todo o merecemento, se pode denominar mito erótico de foder nun xudeu o día de nadal'?

Anónimo disse...

o título do post colleullo prestado a esa mítica señora do san clodio, rúa de san pedro, humidtown, en plena crise da vaca tola?
(m)alicia

siloam disse...

jeje, por algo dicen en SF:si tu peluquero no es gay , lo será el fontanero.
Qué interesenta está esto, entre la religión y la cena...