20.3.07

Astra


As noites en Hamburgo non acaban de saírnos ben de todo. A Reperbahn, había que vela, é algo absolutamente insólito en Alemaña, imposíbel de encontrar en Berlín. Pero o ruído, os vidros rotos no chan, a acumulación de locais..., todo isto ten un aire a certas cousas que coñecín no pasado.

Nun búnker de formigón completamente abraiante encontramos Übel und Gefährlich, que parecía ser o noso destino natural. Pero unha serie de circunstancias acábannos levando a unha tasca de St. Pauli, rexentada por unha señora de 60 anos que serve basicamente cervexa Astra, a marca local, a unha escasísima clientela de putas e borrachos. A juke box é impagábel. Divertímonos moitísimo.

2 comentários:

opaco disse...

So, Moin Moin. E é que non che hai tasca/Kneipe como as hamburguesas ;)

Plattdorf disse...

Abofé que non.