22.3.07

Ατενας

Chove a pichés en Atenas. Temos que desistir de subir á Acrópole e mudamos os plans para visitarmos o Museo Arqueolóxico Nacional, quentiños e a cuberto. Están todas esas cousas dos libros de arte. Non sabía que me lembraba de tantas cousas, pero só con entrar, na primeira vitrina, xa a saco das profundidades da memoria: "a máscara de Agamenón!", bérrolles aos outros. A partir de aí xa todo lle vai soando a un, máis ou menos. Pero non se lle pode atribuír todo aos libros de texto. Hai outras fontes que teñen moito que ver con esta familiaridade.

3 comentários:

Anónimo disse...

Elleni, foi o último filme grego que vin, emocionante. É curioso que turista repare no pasado helénico, cando do que máis se orgullan os gregos (a min así mo pareceu) é na igrexa ortodoxa e na súa loita contra os turcos.
Mais, vacacións non é traballo, así que: pásao moi ben e agardamos esas crónicas helénicas desde o Galleiro.

Cesare disse...

Meudeus, a máscara...
pero sobre todo o lineal B, que é unha fabulosa marabilla...

snif snif todo o tempo
e o olor, sobre todo o olor...

Prosciutto Mourente disse...

Oi, pom uma fotinho, nom? :)