2.3.07

Teddy Party 2007

Finalmente, internámonos na pista. Cunha sesión memorábel, bailamos e bailamos practicamente toda a noite.

Polo medio, unha inxección de ego. Estou bailando con varios amigos e achégase un rapaz. Méteme un flyer nas mans. Es ist in Belgien, di. E lisca. Todos os demais preguntan estrañados que é o que me deu. Miramos o flyer: resulta que estou convidado para a próxima sesión da mítica La Demence, Bruxelas. Nesta ocasión, a festa chámase Country Boy. Pero non vou fachendear de nada: calquera parecido entre o rapaz do flyer e mais eu é pura coincidencia...

2 comentários:

ghanito disse...

Será porque vostede non pon chapeu vaqueiro. :-)

Plattdorf disse...

Mmmm, penso que as diferenzas son máis. Tipo eses pasatempos do xornal, os de "busque los ocho errores".