afrique mon amour
Antonte pola mañá, mentres almorzaba, estiven escoitando Radio France International porque caín alí ao zapear. Tocaba a emisión de África e, tras un parte de noticias, comezou un programa de actualidade sobre un tema que parece centrar a actualidade do Camerún nas últimas semanas. Determinados xornais de pequena tiraxe están publicando listas de presuntos homosexuais, coa intención, digamos, de desenmascarar as prácticas desviadas, contrarias á honra, a moral e as tradicións africanas (!!) de moitos políticos, artistas ou executivos empresariais.
Desque estes xornais comezaron coa treta, aumentaron tanto as tiraxes coma os seus prezos. Ante a demanda, incluso chegan a circular fotocopiados grazas a titulares amarelos como Homosexualité au sommet de l’Etat ou Voici les pédés de chez nous, bombásticos como Top 50 des homosexuels présumés du Cameroun ou o titular directamente extragaláctico de Déviance: la liste complète des homosexuels du Cameroun.
Desque estes xornais comezaron coa treta, aumentaron tanto as tiraxes coma os seus prezos. Ante a demanda, incluso chegan a circular fotocopiados grazas a titulares amarelos como Homosexualité au sommet de l’Etat ou Voici les pédés de chez nous, bombásticos como Top 50 des homosexuels présumés du Cameroun ou o titular directamente extragaláctico de Déviance: la liste complète des homosexuels du Cameroun.
O grave do asunto é que isto non ten nada que ver co eterno debate sobre a lexitimidade do outing que ocupa aos movementos gais nos países do primeiro mundo. En primeiro lugar, evidentemente, porque os motivos deste outing camerunés son moi diferentes. En segundo, but not least at all, porque no Camerún a homosexualidade é un delito penado con períodos de cadea que van dos 6 meses aos 5 anos.
Seguindo coas coincidencias, esa tarde collín a Siegessäule de febreiro. E enteireime da historia de Junior. Este rapaz de 15 anos naceu no Camerún e veuse para Alemaña cando tiña 9 anos porque súa nai casou cun turista alemán. Agora a nai e o padrasto foron para o cárcere acusados de tráfico de drogas e as autoridades alemás decidiron que Junior e mais a súa irmá teñen que volver para o Camerún. Iso si, a noticia chegoulles xusto cando Junior estaba comezando a ir ás reunións do grupo de apoio para a saída do armario en Mann-O-Meter.
Polo visto, os seus parentes de Camerún xa están máis ou menos ao corrente do asunto. A súa reacción vén sendo así como "Homoqué? Que se deixe de caralladas e que pase pá casa".
Visto o visto, parece que vai chegar no mellor momento: a hora da comida.
8 comentários:
Sen intención de ser polémico, engado un comentario ao 'asunto do outing'.
O feito de que no Camerún a homosexualidade estea penada con penas de cárcere lexitima que os que saiban quen delinque denuncien.
Ollo! Non é que personalmente me pareza ben, senón que a moral, o que é bo ou malo, se vota e é distinto en cada país. E se a homosexualidade é delito en Camerún entendo mellor que a prensa queira desenmascarar aos que a 'cometen', facendo así un servicio público.
Deduzo do seu post que lle parece peor o 'outing' por tratarse dun delito castigado. E niso é no que non estou dacordo.
Bicos.
Henri
Entendo o que di, e como exercicio argumentativo paréceme correcto. Pero dado o que está a acontecer con incendios de embaixadas e cousas polo estilo, creo que me apetece deixarme de relativismos e abandonarme ao eurocentrismo.
De todos os xeitos, e antes de que me queimen, debo aclarar un par de cousas:
1.- Este outing non me parece peor polo feito de no Camerún haber penas contra a homosexualidade; simplemente sinalo que pode traer consecuencias máis graves ca o outing no UK, poño por caso.
2.- Este outing paréceme francamente peor porque os seus motivos son moi distintos. O outing de OutRage (p. ex.) busca desenmascarar homosexuais que actúan conscientemente, desde postos de poder, contra a comunidade gai. E penso que o do Camerún parte de motivos ben diferentes.
En calquera caso, bicos, iso si.
Entón a "moral" é algo diferenciado por países? En pensaba que non.
Aínda así penso que a homoxesualidade non ten nada que ver ca moral, senón cunha opción elexida libremente por cada un de nós na que non hai Dios que se deba meter niso.
En referencia co que di Plattdorf, o outing é moi diferente en Camerún a outro país co que esotu dacordisimo co que di.
E eu non mando bicos porque son así de borde
Ao outing camerunês eu chamaria-lhe delaçom. Uma palavra bem antiga que o direito nom sempre coincide com a ética.
a plattdorf: estou dacordo con todo, como xa imaxinas.
a revelde: a moral cambia cos tempos e cos países. o que hoxe está ben ou mal, non estará sempre ben ou mal. e nos, europeos occidentais, non temos máis razón que os cameruneses.
a subcomendiante h: si, delacion. temos un delicto (ser homosexual) e un denunciante. e coma se "interview" publica que evades impostos e facenda comeza a investigar. técnicamente, é iso. o que pasa é que para nos non pagar impostos é delicto e ser homosexual non o é.
e todo isto o digo como maricón, a todo isto, non me faga alguén un "outing"...
máis bicos,
henri
É isso mesmo, Henri. O facto de que uma conduta esteja tipificada como delito numa determinada sociedade nom justifica eticamente a sua denúncia. A palavra delaçom descreve precisamente essa denúncia amoral.
É um tema bastante velho: está na Antígona de Sófocles ou (muito mais tarde) na Introduçom à Análise do Direito de Nino, que fai uma inteligente dramatizaçom do processo de Nuremberg.
Diossss, vaia frikada de comment.
Abofé. ;-D
Carallo, é que eu viña aquí a recomendarlle a Revelde a lectura de Kant, para ir comezando, pero xa vexo que aquí as cousas van moito máis rápido.
Pois nada, sigan, eh?
Obrigado subcomediante!
Máis bicos aínda.
H
Enviar um comentário