o encanto discreto dos neo-cons
Non pensei que me fose impactar e conmover tanto. Será que estou sensíbel. Só o epílogo, descontraente, enfraquece un pouco a intensidade do inferno, que en realidade xa vai amolecendo contra o final coas mortes facilonas das mulleres e a desaparición artúrico-donsebastiánica de Djerzinski.
De calquera maneira, a lectura provocou semellante danza visceral que me vin obrigado a papalo enteiro en dúas xeiras, por ver de abreviar a visita dos meus demos persoais. Onte, de 19:00 a 01:30.
Cando me ía deitar e apaguei a luz, polas persianas pechadas coouse un resplandor estraño. Fun mirar e entendín: sen eu me decatar, nevara toda a tarde e o mundo estaba outra vez en branco.

8 comentários:
incluso coas páxinas en branco.
veño para blasfemar un pouco contra o capitalismo tardío que confecciona libros defectuosos.
gústame o case nada de lectura persoal que contas.
o título do post significa que che pareceu conservador (vale para libro e para autor)?
Non sei, pareceume descrido, cinicamente provocador, pretensamente de volta de todo. Neo-cons(?).
O paradoxo de ser neo e con xa o di case todo.
Con?
Eue, non andará vostede a facer xogos de palabras co francés?
;-)
E se o reviramos aínda outro pouco...
A friqui non me gañan.
Pois a verdá é que non, non. Eu era moito máis inocente e moníglota.
;-)
Vós por aí falando de libros e prefixos...e Paquiño váisenos de embaixador para a Santa Sé (que ben que teño ocasión de usar esta palabra¡)
Home, non, reaccionario non direi que sexa. É moito máis sutil. E iso é o que o fai atractivo, malia todo.
Enviar um comentário