24.3.06

faba na ola

Hai un par de meses Davichini escribiume unha mensaxe. Quería facerlle un pouco tunning ao seu carro e decidiu pedirme axuda: hai unha tenda alemá online de pezas para coches que tiña exactamente os faros que quería, pero os traductores de internet non axudaban moito a entender os pormenores, así que acabei por pedirlla eu. A caixa chegou á casa pouco despois de que eu fose para Galiza, así que lla deixaron a unha veciña que ma gardou amabelmente todo este mes. Finalmente recuperada, mañá vai para Perillo, ese lugar.

De todos os xeitos, os inconvenientes que trae a bicoastalidade non me animan a parar n(unh)a casa. Polo que deixa ver o mapa, estamos en plena planificación da vindeira ghatada. A partida está prevista para martes. Quen é o espilido que recoñece primeiro esas fronteiras?

2 comentários:

acedre disse...

Uau, unha viaxe que me gustaria facer a min. Pola antiga Iugoslavia. E voume atrever cos paises: Eslovenia, Croacia, Iugoslavia e Republica macedonia da antiga Iugoslavia ou algo asi.
Disfruta.

Plattdorf disse...

Premio para o señor. Para que despois digan que os americanos non saben de xeografía. ;-D

Ben, en realidade faltoulle Bosnia-Hercegovina, e ten un par de detalliños nos nomes dos países, pero non llo vou ter en conta...

;-)