a fama custa
Últimos días en Galiza e lista de encontros con determinados personaxes:
Luís Tosar comendo un bocata no Latino, Santiago, un par de días despois de velo en Noche H.
Boris Izaguirre e consorte paseando ao luar melifluo das Casas Reais, Santiago, días despois de saber que casara.
Luis Piedrahita no avión que nos leva de Alvedro a Barajas, horas despois dese sketch infernal con súa nai dicindo "Ola, son a nai de Lois Pedrafita: que mal fala o galego o meu fillo, vouno ter que mandar a pasar o verán á aldea".
2 comentários:
si, a min tamen me sorprendeu cruzarme con ana botella e ana aznar mirando o escaparate da tenda na que eu estaba mercando unhas bragas en chelsea... en fin...
Tamén, a quen se lle ocorre ir mercar unhas bragas a Chelsea, precisamente. Seguro que a xente de Chelsea non merca bragas, que vulgaridade.
Enviar um comentário