23.6.06

san xoán


Pero claro que a subida de temperaturas ten algunhas vantaxes. Sempre digo que a mellor época de Berlín son precisamente as semanas centrais de xuño, fundamentalmente porque é o momento da floración dos tileiros. Unha das características de Berlín é a frondosidade da cidade: a maior parte das rúas están cheas de árbores enormes que forman túneles verdes e incitan ao paseo. Como moitas delas son tileiros, a estas alturas todo Berlín vive inmerso no seu arrecendo. É delicioso.

O meu balcón, ademais, aproveita moi ben a radiación solar. Este ano, en abril, ademais das flores e das herbas aromáticas, decidín pór un pé de amorodos, por ver se se daban. Onte comín os primeiros, boísimos e bastante bio, fertilizados a base de borras do café e follas usadas de chá verde.

Todo este mundo idílico de calores, camisetas de cores, flores de tileiro e amorodos bio vaise interromper durante un par de semanas. Diversos motivos paralaborais obríganme hoxe a coller un avión e saír de Berlín.

E non estaba preparado, pero este ano vou celebrar o solsticio por partida dobre. Despois de vivir a europeísima Fête de la Musique o propio día 21, hoxe pola noite vou sobrevoar centos de lumeradas. E xa me excita pensar que pouco despois da medianoite, cando aterre en Lavacolla, o cheiro a fume e sardiñas vai inundar as miñas ventas.

Vémonos en Samil.

6 comentários:

Anónimo disse...

Logo este ano vou ser so eu a pringada, non si? Que ilusion me fai recoller o testigo... :-(

Pablo disse...

Boa experiencia a de Vigo. Pena q non fose nada. Unha apreta desde a Coruña.

Anónimo disse...

Eu me voy para paredes de coura

Festival Paredes de Coura
Norte de Portugal
(cerca de Vigo)
Entrada geral 70 €
Dia 15
Morrissey
Fischerspooner
Broken Social Scene
White Rose Movement
Madrugada
Gomez

Dia 16
Bloc Party
Yeah Yeah Yeahs
Eagles of Death Metal

Dia 17

Bauhaus
The Cramps
!!! (chk chk chk)
Shout Out Louds

Mais nomes a confirmar

Para informações detalhadas: www.paredesdecoura.com

eue disse...

Seica este ano non houbo cacharela berlinesa no balcón que arde nunha pota con periódicos prusianos?

Cesare disse...

anda vostede por aquí?

torredebabel disse...

pois, ainda que estea eu en Bos Aires -tan lonxe de Berlín- tamén deixome levar polo perfume dos tileiros en flor. Qué cousa mais linda!!!