deputaaado estaduaaaaal...
Foi chegar ao Brasil e verse envoltos pola campaña electoral e pola sorpresa das súas particularidades. Por unha banda, as persoas-bandeira que hai cada poucos metros nas estradas e rúas do país, todo o día de pé ou sentados en cadeiras de plástico, sós ou en grupo, termando da bandeirola do candidato que lles pagou máis por estar así. Pola outra, a enorme cantidade de diñeiro que se inviste en música: cada candidato ten unha sintonía persoal, normalmente cancionciñas animadas en que se repite moito o seu nome e o seu número para a elección (cada candidato ten un número que o identifica no momento de efectuar o voto; por exemplo Lula é o 13). Despois de pagos os músicos aínda hai que pagar para que centos de coches circulen o día enteiro con esas músicas saíndo de equipos de megafonía tan grandes que ameazan con esmagar os vehículos, ou polo menos con esfondar os amortecedores.
3 comentários:
eiiiiiii non te esquezas do tio estilo superman vestido de amarelo co calzón azul e altofalante na man anunciando calquera político.
Tamén deberías falar algo das igrexas e das manis por jesus. Galleiro
E isso da "horrisonia eleitoral" já foi bem pior...
Uuf, pois non imaxino como...
Enviar um comentário