o sorriso de Sonia
Hai uns anos que se foi a Barcelona para traballar. Hai pouco máis dun ano, mentres estaba nunha festa do Espai Gallec nunha rúa de Nou Barris, ou de Gràcia, ou por aí, chamárona para lle dicir que morrera papá, así, de súpeto.
E comezou o seu ano de loito, pero sen perder o sorriso. Pouco despois chegaron máis malas novas: mamá estaba enferma. E entón viñeron as viaxes desde Barcelona directamente ao hospital, as conversas cos médicos... Púñase algo seria cando chas reproducía, pero o sorriso sempre voltaba.
Hai un par de semanas chameina a Barcelona. Tíñalle que pedir un favor e pregunteille como ían. A situación é complicada, pero parece que mamá mellora, dixo.
Hoxe pola mañá, no metro, lembreime dela. Este Nadal gustoume moito o seu abrigo novo e unha rapaza no metro tiña un igual. Decidín chamala pola noite para preguntarlle como estaban.
Á noitiña telefonáronme meus pais. Xa o tentaran pola mañá, cando se sorprenderon ao ler as esquelas, pero non me localizaron até viren de volta do enterro.
E agora non sei cando verei outra vez a Sonia. Pero sei que cando a vexa, malia todo, o seu sorriso ha estar con ela.
3 comentários:
Cousas de O Grove, Crónicas de un pueblo.
Dirixentes do PP levan ao xulgado a dous blogs de Cambados e O Grove.
Desde fai xa algún tempo proliferan en Internet as páxinas web, blogs e foros nos que cuestiones de política municipal arousá son as protagonistas dos debates. Lugares nos que os veciños non teñen reparos á hora de criticar actitudes e obras dos gobernos locais e, ás veces tamén, dos partidos da oposición. Cambados e O Grove protagonizan un gran número destes espazos e, os seus dirixentes, a maioría das críticas. Pero o que a uns lles fai graza, a outros non lles gustou nin un pelo. Dirixentes do PP destas dúas localidades levaron ao xulgado aos blogs camba2.blogspot.com e ogrobe.blogspot.com.
O blog do Grove recolle noticias da información local, con comentarios que engade o propio autor da páxina. A eles súmanselles tamén as opinións dos internautas que, libremente, escriben en cada unha das noticias.
http://ogrobe.blogspot.com/

sempre o seu sorriso, sempre con ela, sempre Sonia
Enviar um comentário