12.2.07

Gnadenbrot und Heimat

O Gnadenbrot, en Schöneberg, é unha imitación kitsch dun restaurante de estrada, con centos de luces de cores, música empalagosa, pan e manteiga á libre disposición dos clientes e pratos xeitosos e baratos. Cando o teu pedido está listo, hai unha luz intermitente que escintilea na túa mesa, así que é o momento de se erguer e ir recoller a comida á xanela da cociña. O mellor do local é a mestura de público: ducias de maricas encantadas de estar nun sitio tan trash e uns cantos vellos do barrio que están máis de ida ca de volta.

Onte, despois de saírmos dunha sesión da Berlinale non excesivamente memorábel, apupos a un director incluídos, fomos cear alí. Estaban Sanisidro, Megarrearf e mais os directores dun par de festivais de cinema gai.

Ao acabarmos, fomos para o Heile Welt, onde, rodeados de Kens, pelexamos disimuladamente por sentar ao lado dun rapaciño con moita pluma e moito acento saxón. A Sanisidro o acento pereceulle horríbel; eu, naturalmente, estaba encantado.

En definitiva, un serán ideal. Só unha cousa: ich kann die Galicier nicht mehr ertragen. Echt...

4 comentários:

Anónimo disse...

Scheisse????? eló? que lle fixemos?

Cesare disse...

a ver, quen é sanignacio? non hai ligazón aí?

súmome ao opaco e engado, e que pasou con megarearf, quedou ceando?

Plattdorf disse...

Fixéronme:

-Ser unha sociedade enferma, implosiva, autodestrutiva, acomplexada.

-Lembrarmo de maneira dolorosa cada vez que me encontro cun de vostedes, co tranquilo que estou eu coa imaxe idílica dese país que fun montando grazas a catro anos de distancia.

Ich hasse euch. Mala mar vos traghe.

Plattdorf disse...

Dixen Sanignacio? Quería dicir Sanisidro, perdón.