24.2.07

ich werde total alt


Pois si, un ano máis fago anos ao mesmo tempo ca Rosalía e mais Vieiros. E esta vez son un fato deles, en concreto 31. De calquera xeito, sorprendentemente é a primeira vez que fago anos en Berlín, así que paga a pena celebrar a efeméride.

Se lles cadra, non dubiden en pasar pola festa, no corazón de Prenzlauer Berg.

O programa é:

21:30 concerto - Nordpolzigeuner (no soto)
22:00 DJ - Panama Popschutz (no baixo)
22:30 DJ - Manne Sveensson (no soto)

E o enderezo é:

Intersoup
Schliemannstrasse 31
10437 Berlin
(U-Bahnhof Eberswalderstr.)

11 comentários:

siloam disse...

parabén! e q o anxo de berlín te "bendiga"
pasao moi ben!

Anónimo disse...

Pois parabéns para vostede! Aínda menos mal que non lle tocou vir ao mundo un día antes... O 24F non está nada mal!

X disse...

Parabéns, debe ser diferente facer anos en Berlín.

Cesare disse...

mire...
chegoulle a mensaxe que lle mandei?

e como foi que non fixeches anos en berlín? Ligazóns aos posts anteriores, plis.

Anónimo disse...

parabéns! (está vde. un homiño feito) :-)

albixoi disse...

Parabéns e que sexan moitos máis

llll disse...

puiden terte avisado que iamos un fato de galegos á Berlinale. teño pensado volver, así que quizais o faga máis adiante.

parabéns atrasados

Plattdorf disse...

Sara, Sara, que mágoa, muller. Avísenme sempre!

Cesare disse...

Non, prá próxima xa non avisen...

En fin, o que tal daría por estar na conversa con Sanisidro...

Plattdorf disse...

Cale, cale, que isto é un calvario.

Anónimo disse...

Pois outra manchea de parabéns, con atraso, pero parabéns :D