20.3.07

Hamburgo


Paso a fin de semana en Hamburgo con Mjoão, Açoriano e Churi. Acabamos durmindo no cuarto do mozo dunha compañeira de piso de Açoriano, ao que case ningún de nós coñece. O piso é unha especie de loft nun edificio ex-industrial en que viven exclusivamente artistas e bichos polo estilo. Ao chegarmos recíbennos un español que alucina co feito de que falemos alemán, un alemán que fala cunha parsimonia desesperante e un xaponés fotógrafo de moda. A casa é deliciosa.

2 comentários:

Prosciutto Mourente disse...

Ummm que gana de passar um fim de semana aí hehe Pero deve ir um frio do caralho, nom?

Plattdorf disse...

Pois mire, o tempo de Hamburgo lembroume moito ao das Illas Británicas. Choveu, ventou, saíron raiolas e pasamos un frío moderado. Pero pagou a pena. Anímese.