15.3.07

nos antípodas de Zizek

O que pasa con Berlín é que aquí case todo o mundo é artista dalgún tipo. É máis ou menos coma iso de que en L.A. "todos os camareiros son actores", só que vivir aquí é tan barato que a maior parte da xente non necesita ter choio (e que practicamente non hai negros). O que tamén pasa en Berlín é que parece que case todo o mundo tivo contacto con algunha parte da gama LGBT (Lésbica-Gai-Bisexual-Transexual) nun momento ou outro, ou polo menos teñen esa pinta. Síntoo, pero en Londres non ves homes hetero con moreno de solarium, cabelo rapado e jeans cinxidos, e as únicas mulleres hetero que ves con cabelo curto e abrigos frouxos de home son mulleres sen teito (ese é outro asunto, pero non é o momento). Así que, para min, mudarme para aquí o ano pasado foi coma unha chegada á casa espiritual, sentín que por fin encontrara a miña xente.
(...)
Cando sexa grande, espero que o meu desexo de escribir un informe irresistíbel e convincente sobre por que necesita o capitalismo unhas definicións de xénero e relación tan estreitas e intratábeis, ligado de maneira intelixente a unha disección de por que necesita a sociedade en xeral abrirse á autoexpresión queer (especialmente ao cinema queer) e por que a autoexpresión queer é tan esencial coma o pan e as rosas e, e, e..., gañe contra o meu desexo de andar toda a noite de festa coas estrelas.

Kanchi Winchmann, "My first Teddy and what I want to be when I grow up".

Desculpen a tradución pedestre. É que lin este texto moito despois de que m)alicia me pasase O espectro segue a roldar. E agora, coa febre Zizek que percorre o mundo, pois lembreime de poñelo aquí. Serán os estertores da miña ideoloxía, que pide contas. Será que me identifico tanto co autor, a pesar de todo. Especialmente no dilema a túa discoteca necesítate/imos de farra á discoteca, all night long.

10 comentários:

Anónimo disse...

gustoume moito o post, pero intrígame (seriamente) a súa relación co pensamento de zizek. non o vexo eu moi queer precisamente... ou era irónico?

Prosciutto Mourente disse...

Que nos enterrem na discoteca! XD

Plattdorf disse...

Xusto Prosciutto, esa era a terceira pata que lle faltaba á tricotomía. A miña pata preferida. :-D

Plattdorf disse...

Zizek queer? En absoluto, todo o contrario. Por iso son os seus antípodas.

cossimo disse...

Perdoe pero se alguén merece un premio Teddy ese é Zizek, un personaxe, por outra parte, bastante máis queer ca moitos deses animais de discoteca.

Anónimo disse...

Na Europa ocidental (incluída neste momento Berlín, aínda que manhá ben poden dicir que son orientais) estamos en horas de baixa tensión ideolóxica, por iso se pode adorar o zizek e despois estar todo o mundo contente-preocupado porque saíron miles de prazas para funcionarios da Xunta, polas cales estudaremos moito e despois (unha vez coa praza na man) adoraremos aínda máis a Zizek ou mesmo diremos que é un branducho e que o bo é o estilo retro ao Pol-Pot (ou a estética RAF que estivo na moda en Alemanha). Creo que é o medo ao abismo, que eu tamén sufro.
Unha forte aperta desde O Galleiro.

Plattdorf disse...

Deus, Galleiro, non sei se xa llo dixen algunha vez, pero é vostede o meu ídolo. Sen coñas.

Cesare disse...

Ufffff

Vírame a cabeza mil voltas logo dos dous últimos comentarios.

Coñecen un exorcista de garda?

cambote disse...

non sei en que se contradi Zizek coa discoteca, vostede saberá...
non será que por aí polo fondo zoa o enfrontamento Zizek-Butler?? Ehhh?
;)
Vaia, pois eu polo que teño lido o que ten o Zizek é que lle gusta a controversia e dicir cousas non moi políticamente correctas. Se cadra o seu campo teórico, o centro da gravidade da súa mirada non é precisamente o queer e claro, que non sei, vaia...
Sobre o queer, no que estou interesado dende hai pouco, o que vexo é a grande potencialidade de cambio social, de cambio de perspectiva, pero non creo que supoña amenaza ningunha para o sistema económico no que vivimos, penso incluso que se poderían complementar perfectamente.
Vaia usté a saber.
(precioso recuncho este que visito cando podo)

Plattdorf disse...

Cíber de Atenas, non teño moito tempo para contestar. Pero Butler está en todo isto, está.
E o da discoteca é un vello chiste semiprivado, transversal a este blog.
:-))