messenger
Onte, día frenético no Messenger, ese invento do diaño. Prisciliana xa ten Internet na casa e conéctase por primeira vez, desde o outro extremo da Alemaña, o que desencadea unha longa conversa sobre as súas peripecias sentimentais (ou algo) nese piso tan próximo á casa natal de Marx. O que acontece naquela WG é de telenovela brasileira: Prisciliana é unha romántica, pero non ten escrúpulos. E eu cando for grande quero ser coma ela.
Tamén andan por alí Dagha, pouco antes de desvirgarme o blog, e mais a elfa bailadora, que me pide consello sobre destinos turísticos para a ponte de decembro. Pero déixoas axiña porque teño que atravesar Berlín e xa chego tarde ao evento cultural da tarde.
3 comentários:
Pois eu non o vexo tan complicado, aínda que haxa que facelo anónimo. Con poñer quen es ao final xa está.
Hafen.
Prisciliana é unha romántica, pero non ten escrúpulos. E eu cando for grande quero ser coma ela.Non vou facer comentarios, claro.
Se cadra é simplemente que vou polo bo camiño...
Enviar um comentário