doente
Encóntrome pola noite con The Sobrado, Pedro e Jörg e acabamos ceando en inglés nunha pizzaría. Despois tomámoslle algo nun bar de Kens intensamente bronceados e alí un fulano bastante novo comeza a falar connosco sen máis. Súa nai é de Madrid, seu pai de Siena, el naceu en Múnic, viviu en Londres e agora é bicoastal de vez, con xeiras de tres meses entre San Diego e Berlín. Tetralingüe fluente.
Los mexicanos de Tijuana hablan como los gatos, te juro que me dan asco cuando los oigo.Hai que se desenganar. O cosmopolitismo non é vacina segura para ningunha das doenzas da humanidade.
London is a piece of shit, siempre lloviendo, y además no soporto el acento inglés: me suena a maricón viejo y estirado.
Das Sächsische ist schrecklich, findest du nicht? Y no me digas que es un prejuicio; siempre que oigo hablar a los sajones pienso que tienen un dialecto feísimo.
Tengo un amigo de Soria y me parece que habla el castellano más perfecto del mundo. Lento, fuerte, acentuado..., es perfecto.
5 comentários:
Aínda non sei como non tomei a revancha cando confesou que seu pai fala con gorgia toscana. En realidade ese foi o primeiro momento en que o fulano me pareceu interesante.
Será que as miñas doenzas son outras.
aquí unha que non foi de madrid para abaixo queda ben máis tranquila por certo
bueno...
e jörg?
ah, la hohahola...
Ufff, non. Berlín é un niño de Kens.
Enviar um comentário