4.7.05

a noite toda a curtir

A noite do sábado, última de Levente en Berlín, despois do concerto acabamos saíndo cuns franceses que este coñecera o xoves. Tiven así a oportunidade de falar co fulano máis arrogante, suficiente, autocompracido e chauvinista do planeta, un exiptólogo que me provocou unha auténtica reacción francófoba por primeira vez na vida. Xamais me resultara tan ennuyant chapurrar o francés, pero o certo é que quedei farto de esforzarme por entender -e facerme entender- só para escoitar semellante cantidade de babosadas.

O peor, sen dúbida -moito peor ca as cátedras que sentaba o fulano sobre o referéndum da Constitución ou sobre a integración dos turcos na sociedade alemá-, era cando dicía cousas en italiano mirando a Levente para demostrar o cool que era e ao mesmo tempo testar o cosmopolitismo do húngaro. Estiven a punto de soltarlle algunha fina ironía devastadora, pero amolecín cando me decatei do que estaba a acontecer:

-Levente, est-ce que tu as une copine?

O rapaz só quería causar boa impresión...

2 comentários:

Cesare disse...

1. a prol ou en contra da eurocons?
2. como levente é hetero... o francés fodeu pra santacristina ou marchou coa gana?

Plattdorf disse...

1. Xa dixen que era un chauvinista: non falou da eurocons, senón do referéndum francés, que era o único realmente importante en todo isto.

2. A determinada hora eu fun pá casa con Levente.

Érache o que máis faltaba, aturarlle os tests de italiano. Non ho l'etá para ter tanta paciencia.