1.7.05

Volkspalast II

Disque é definitivo. Van derrubar o Palacio da República para reconstruír o antigo Palacio de Berlín, o da monarquía prusiana, o barroco. O proceso vai ser lento e demorar varios anos, así que non vai haber unha despedida lacrimóxena previa á dinamitaxe, senón un desmonte progresivo que nos vai permitir despedirnos do Palast aos poucos, día a día. Estou contento de convivir con el nos seus derradeiros anos e ter participado nalgúns dos últimos actos que se celebraron alí. Ademais estou cada día máis convencido de que a reconstrución do antigo palacio barroco é unha grande pailarocada, outro dos erros na rehabilitación de Berlín-leste. Alá eles.

Pagaba a pena conservalo aínda que só fose como decorado do campionato mundial de beach-volleyball. A catedral non pega tanto.

3 comentários:

Plattdorf disse...

Se iso é unha maneira moi fina de dicir que é unha pailarocada, estamos de acordo.

Cesare disse...

jajajaj
a min paréceme ben que chimpen todo... pero pra facer algo mási vello non, xa o sabe!

Estou indignada.

Plattdorf disse...

Pásanos a todas.